Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Lalín, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No terceiro programa da semana veñen concursar desde Lalín, Mari Carmen; de Negreira, Manola; desde Ibiza, Rut Tree; de Curtis, Ana Isabel; de A Coruña, Lucía; e desde Ceuta, Franscico Javier. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?