Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Santa Comba, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No terceiro programa da semana veñen concursar desde Venezuela, Eidy Ramírez; de Val do Dubra, Vanesa; desde Santa Comba, Jose Manuel García; de Argentina, Mara Moyano; de Vimianzo, Jessica Canosa; e desde Carballo, Lara Sestayo. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?