Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Santa Comba, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No segundo programa da semana veñen concursar desde Carballo, Rocío Pérez; de Cerdeda, Dosi; desde Vimianzo, Miriam; de Santa Comba, Jony Souto; desde Fisterra, Poly; e de A Coruña, Nuria Soto. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?