Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Ribadavia, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No terceiro programa da semana veñen concursar desde Xinzo de Limia, Nati e Esmeralda; de Ourense, Selene e Myriam; desde Vigo, Víctor e de Badalona, Luis. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?