Desde Cangas seis concursantes, acompañados por Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. Neste primeiro programa da semana veñen concursar desde Soutomaior, José Ramón; de Moaña, Ángela; desde Ponteareas, Iván; de Porriño, Nerea; e desde Vigo, Santi e Xiada.