Nesta entrega, Daniel recibe unha chamada da súa moza, celosa despois de ver fotos da atractiva guía turística nas redes sociais da súa parella. Daniel asegúralle que non hai nada entre eles e que todo vai segundo o previsto, aínda que en realidade vanse desviar do itinerario para achegarse a Fátima, onde hai un século se lles apareceu a Virxe a tres pastoriños.