O gardián da memoria da Ría de Muros-Noia e da cultura mariñeira é Félix Gonzalez, capitán de altura faenando en todos os océanos do planeta, e impulsor do Museo Mar de Noia, unha creación colectiva pero á que el dotou coa súa personalidade. Imos coñecer a variada vida de Félix, iniciándose con 9 anos ao marisqueo e chegando a dirixir unha factoría pesqueira en Namibia. Van axudarnos a coñecer a súa vida e a darlle unha emotiva sorpresa, o seu irmá máis pequeno Juan Carlos González, e a súa amiga Liliana Solís, bióloga da Confraría de Noia.