“Levo salitre nas veas”, unha frase moi repetida por polas xentes do mar, pero si de alguén podemos dicir que isto é practicamente certo é Agustín Traba Tinito, home dunha paixón sen límite polo oficio de mariñeiro. E queremos homenaxealo por esta a súa paixón, e van axudarnos o seu irmán Guillermo Traba, tamén home de mar, e Pepe Domínguez que foi Patrón Maior de Corcubión máis de vinte anos. E na propia sorpresa imos contar coa colaboración da cantautora Laura, irmá de Tinito.