Os avós dos Bolechas teñen unha causa na aldea, e a eles encántalles pasar tempo alí. Pero o ano pasado ardeu o monte que estaba a carón da súa casa e deulles moita pena ver como quedou todo. Pasoulles o mesmo ás nenas e nenos do CPR Estudio, que desde entón traballan para repoboar o bosque e coidar que non volva a sufrir un incendio. Con eles Braulio vai aprender moito sobre os perigos que ameazan os nosos bosques.