A Braulio gústalle moito o outono. Caen as follas e toda a paisaxe colle unha cor marrón moi fermosa. Pero o que máis lle gusta do outono son as castañas e a festa típica na que se comen: o magosto. E disto saben moito no CEIP Plurilingüe Otero Novas, onde celebran o magosto por todo o alto así que… vai informarse ben de como celebrar un bo magosto.