Braulio quere saír xogar fóra pero case se derrete porque vai moita calor. Que debemos facer nos días que pega moito o sol e vai moita calor? Pois hidratarse, tapar a cabeza, botar crema solar… e unha chea de cousas máis que van contar os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Ventín.