Cultura galega nas veas: "Billete de Volta" presenta nesta edición a Luis Avilés, un director novo de cine. Luis é un dos fillos do finado poeta de Noia Antón Avilés de Tarancos, que estivo emigrado vinte anos en Colombia. Foi nas terras americanas onde o rapaz cultivou o soño de se converter en director de cine. Retornos (2010), a súa opera prima, é unha historia de desapegos e estragos persoais, unha historia sobre as inmigrantes que dan cos seus ósos nos clubs de alterne. Luis medrou escoitando fermosas lendas na sonora Tasca Típica, rodeado do "mellorciño" de Noia e cheirando a "bocata de calamares", dos milleiros que teñen despachado os seus pais na taberna. As lembranzas do neno Luís Avilés (Bogotá, 1969) protoganizan o presente apartado. Facer realidade o soño do retorno: Tamén coñeceremos a historia de Manuel Pérez, un representante de material fotográfico que viviu durante corenta e tres anos percorrendo as perigosas autopistas de Venezuela, atravesando o país, da Guaira a Ca