Progama que acolle ós grupos de hoxe que actúan en directo, nun intento de dar a coñecer a música pop e rock en Galicia. Actuacións, entrevistas e reportaxes. Cada semana o programa lembra qué foi de aqueles grupos da "xeneración Xabarín", é dicir, aqueles grupos que se fixeron coñecidos pola música que fixeron para o programa da TVG "Xabarín Club". Na sección ADN personaxes populares dan a coñecer os seus gustos musicais. Colaboran profesionais como Ricardo Alonso, director do programa de rock Estudio 3 da Radio Galega. O programa grávase na sala LP4 de Ordes.