O dúo gaditano Kiko & Shara actúa en Bamboleo para presentar dous temas do seu novo álbum: “Perro que ladra no muerde” e “Positivo”.  Tamén están convidados o gaiteiro de Moaña Xosé Manuel Budiño, que xa conta con 25 anos de carreira musical ás súas costas, e o músico compostelán Vizcaíno.  O apartado musical complétase coa actuación da orquestra Suavecito. Na sección “Agora ou Nunca”, compiten Yaiza Ashley e Carlos Ordóñez. En“A Jrileira” enfróntanse ao karaoke Aitor e Xelo; en “Canción dedicada”, dous namorados, Concha e Marcial, de Fornelos de Montes, falan dos inicios da súa relación.