A cantante sevillana Tamara visita “Bamboleo” para interpretar dous temas propios, “Incondicional” e “Si no te hubieras ido”. Tamén soben ao escenario Dani Royo, aragonés de orixe pero galego de adopción, gañador dunha das edicións do festival Santiautor de Compostela, e a Compañía do Ruído, banda de música fundada en Ribeira hai 15 anos e que interpreta o tema “Sempre en Galiza, sempre en pelotas”. Por outra lado, a orquestra Pentágono pon o punto de reggaeton interpretando o éxito do verán, “Despacito”.