Edición especial para o verán. “Bamboleo Summertime” ofrece unha compilación das actuacións e os mellores momentos do programa. Esta noite, lembramos o paso por Bamboleo de artistas como Melody, o grupo canario Efecto Pasillo ou as orquestras Jerusalem, Compostela, New York e Olympus.