Soraya visita “Bamboleo” para interpretar un dos seus últimos sinxelos “Long time”, tema bailable que a estremeña lanzou este verán e que, con tinturas tropicais, mestura pop, house e chill out. Tamén canta o tema “Sin miedo”, do cuarto álbum da artista, co que a peza comparte título. Outra actuación é a da banda Chasis. Noé Vázquez (voz e baixo), Javier Insua (guitarra), Alan Ponte (guitarra), Xulián Varela “Doctor X” (batería) e Esteban Zapata (baixo) compoñen a formación nacida en Oleiros hai un par de anos. Cristian Silva, o compositor e gaiteiro é outro convidado do Bamboleo e interpreta “Voyager”, un dos seus últimos sinxelos. A orquestra Gran Parada completa o cartel musical do programa. Na sección “Agora ou Nunca”, Lucía Roig e Macos Pailos amosan as súas dotes artísticas. A primeira, interpretando “Así fue”, de Isabel Pantoja, e, o segundo, con “Volver a amar”, de Christian Castro. En a “ITV do amor”, o obxectivo é acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa.“Déixate de