“Bamboleo” márcase como obxectivo recadar fondos para a campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña” de Axuda en Acción. Ao longo do programa, Xosé Manuel Piñeiro e outros presentadores e actores da Televisión de Galicia animan á audiencia a colaborar coa ONG. A esta edición solidaria súmase a cantante e compositora Ruth Lorenzo, que namorou o público inglés no seu paso polo “X Factor“ e a Europa coa súa participación en Eurovisión en 2014 coa canción “Dancing in the rain”,  tema que interpreta no programa. Tamén pasa por Bamboleo o compostelán Fredi Leis, un dos artistas revelación na escena do pop español. Un éxito que colleitou co seu primeiro álbum, “Días grandes”, que está presentando en formato acústico nun xira por toda a xeografía española. Ademais, podemos ver e escoitar a cantante cubana Diana Tarín e a orquestra Palladium. Non faltan as seccións habituais do programa. En “Agora ou Nunca”, participan Alicia Cabana, que interpreta “Me cuesta tanto olvlidarte” de Mecano e M