O cantante Ricky Furiati volve a “Bamboleo” para presentar o seu novo album, “Invencible”. O venezolano, asentado no arquipélago canario, mestura pop rock con ritmos latinos, bases bailables e elementos da música urbana. En directo, interpreta os temas “Quédate” e “Fiesta en tu corazón”. Tamén actúan a cantautora barbancesa Sonia Lebedynski, que presenta o seu primeiro disco en solitario, “Deserto de centos”, o grupo cangués de rock Astarot e a orquestra Alaska. Na sección “A Jrileira”, enfróntanse ao karaoke Nerea e Mari; mentres que “Agora ou Nunca”, as participantes Carolina Martínez e Paula Meda amosan os seus dotes artísticos interpretando“No puedo vivir sin ti” de Los Ronaldos e “Soldadito marinero” de Fito y los Fitipaldis, respectivamente.