“Bamboleo” recibe a visita do cantante Raúl, que se fixo coñecido pola preselección ao festival de Eurovisión 2000 co mítico tema “Sueño su boca”. Volve un ano máis ás radios e ás discotecas de baile cun ritmo máis latino da man de Miguel Sáez, quen compuxo e colaborou con varios artistas do panorama español. Estes dous cantantes soben esta noite ao escenario para presentar o seu novo tema “Me hace falta su amor”.Coma sempre, hai lugar para a música galega e os seus representantes desta semana son Sito Sedes, quen fora voz da orquestra Los Satélites e que agora volve á primeira liña cun álbum de boleros, e The Tetas’ Van, grupo, maioritariamente feminino, que realiza versións de clásicos do rock and roll, en inglés e en galego, reivindicando o papel da muller na escea galega. Ademais, o programa tamén conta coas actuacións da Orquestra Ciudad Cristal, que interpreta un mix de Juan Luis Guerra e cumbias pop.