'Bamboleo' conta nesta edición cun clásico da verbena galega, a orquestra Acordes, que naceu sendo unha formación familiar e que en boa parte segue conservando ese espírito.  O artista convidado é un amigo do programa, o gran Raúl, que presenta un novo tema e interpreta grandes éxitos de sempre. O grupo galego que visita o programa é Soultrain, unha banda santiaguesa que recrea en galego ritmos como o soul, funk e a música disco. Na sección de baile están Adrián e Noe, unha parella cunha ampla traxectoria no mundo do baile, que se xuntou especialmente para centrarse no ensino. Ademais, Samuel, un rapaz moi novo que é un auténtico crack adestrando cans, fai un espectacular número de Agility co seu can, Asmoán.  Cara ao final da noite chegarán, sen dúbida, os momentos de maior tensión e tamén os máis divertidos, porque chegará a ITV do amor.