Cal é a clave do éxito dunha peza musical? Para empezar, un “número un” musical sempre se caracteriza por conectar inmediatamente co público e tamén ten que ser bailable. Os números un recoñécense porque nunca faltan nas romarías, son clásicos que nunca morren e, nalgúns casos, ata pasan de pais a fillos. Todos teñen en común que non os podemos quitar da cabeza.  Neste especial, Bamboleo recolle os grandes “números 1” que pasaron polo programa. Artistas como Chenoa, Natalia, Lucía Pérez, Pitingo, Pili Pampín e orquestras como a Miramar ou a Poceiro Big Band interpretan temas tan coñecidos como “A Santiago voy” e éxitos deste verán como “La mordidita”.  Ademais, os espectadores tamén teñen ocasión de botar unhas risas co concurso “A ITV do amor”, en que as parellas poñen a proba o bo estado da súa relación; gozan con impresionantes exhibicións de bailes de salón tanto de maiores coma de cativos; emociónanse coa “Canción dedicada” a unha parella que leva xunta toda a vida e spoden so