Recibimos a visita de Melody! A artista andaluza deuse a coñecer con só dez anos co seu popular disco “De pata negra” e co seu éxito máis famoso “El baile del gorila”. Melody interpretará os seus temas “Hoy me voy” e “Tú lo sabes”.   Coma sempre, hai lugar para a música galega, e os seus representantes desta semana serán Davbeat e Risk e La Casa de los Ingleses. O dúo Davbeat e Risk demostrarán que o beatbox e o rap aínda teñen lugar en Galicia e interpretarán en directo “Miña terra galega”. Pola súa parte, La Casa de los Ingleses é unha banda de indie pop pontevedresa formada por catro artistas que xa levan creando xuntos seis anos. O programa tamén contará coas actuacións da orquestra La Oca Band, que interpretará as cancións bailables “La mordidita”, “Malagueña” e “Canta, canta”.