A edición deste sábado de Bamboleo inclúe cun show moi especial dunha das parellas de baile top na clasificación mundial: son Javi e Cris, dous bailaríns de Madrid afeitos a representar o país polo mundo adiante. A orquestra Ocaband, unha formación de Portonovo, presentará no programa desta noite os seus últimos temas. Cancións perfectas para dalo todo bailando na pista de “Bamboleo”.No que a artistas se refire, dous grandes da escena: Maldita Nerea, un dos grupos máis exitosos, recoñecidos e recoñecibles do pop español, con cancións que se asocian de inmediato coa mentalidade positiva, a superación persoal e a autenticidade, e Ana Mena, que interpretarán un tema a dúo ademais dos seus grandes éxitos. Ademais, a banda coruñesa de rock Tregua, estreará o seu último traballo, xusto cando está a piques de celebrar o seu décimo aniversario.No “Bamboleo” deste sábado tamén haberá chistes: Víctor Bascoy e Lito de Arzúadebaterán sobre se é mellor facer ponte e ir de vacacións ou quedar na cas