Lérica, un dos grupos noveis con maior proxección do pop español, interpreta en Bamboleo dous temas do seu album de debut “Cien mil motivos”, que se converteu nun éxito de vendas en iTunes. A música comercial de Lérica alterna co son alternativo das bandas galegas convidadas ao programa. Soben ao escenario o grupo de hip hop orgánico Som do Galpom, que nos seus comezos recibiu o apoio do concurso musical “A polo ghit” da Radio Galega e que agora ten dous discos no mercado, e os coruñeses La Dance, que estrean o seu terceiro traballo “Cruz del Sur”. Ademais pasa por Bamboleo a orquestra Miramar.  Na sección “Agora ou Nunca”, dous participantes, Charo Martínez e Camila Kunz, amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando “Ya te olvidé”, de Rocío Durcal, e, o segundo, con “Verano”, de La Oreja de Van Gogh. Na “ITV do amor”, o obxectivo é  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “A Jrileira” enfronta ao karaoke a Serafín e a Borja; mentres que en “Déixate de juasá!”