Las Supremas de Móstoles visitan “Bamboleo” para animar a público e audiencia cos seus temas pegadizos e cargados de humor. As irmás Bodega, Vicky, Luisi e Susi, son rostros coñecidos da televisión, o cine e a publicidade desde que en no 2005 venderan máis de 40.000 copias do seu álbum “A Go Go”, que chegou a converterse en Disco de ouro. Interpretan no programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro, entre outros, o seu tema máis famoso “Eres un enfermo”. Ademais, o programa conta co músico de Fene Roger de Flor, quen tras unha tempada afastado dos escenarios volve con moita forza. Cunha longa traxectoria musical ás súas costas, tras formar parte de formacións como La Sociedad Protectora del Hombre Mono ou Bang 74, publicou o seu primeiro traballo en solitario no 2006, unha década despois ten novo disco “Apelón”, que leva ao escenario do “Bamboleo”. Este traballo contén temas como “Ferrol Vello”, que adoita interpretar acompañado de Los Silvestres e que é unha adaptación da célebre “Dirty