“Bamboleo” recibe a Lagarto Amarillo. Despois de tres anos de silencio, o vocalista da banda, Pablo Mora, decidiu regresar en solitario co mesmo nome do grupo que fundou xunto aos seus irmáns Patricia e José María, este último falecido. Lagarto Amarillo presenta o seu novo sinxelo, “Perdón & Amén”, do novo disco “Campeón”, dedicado ao seu irmán.Tamén actúan a orquestra Los Trovadores e a cantante galega Lucía Pérez, que celebra 15 anos no mundo da música cun novo disco. Tras o éxito de “Quitapenas”, chega o seu sétimo álbum, titulado “Quince soles”, gravado integramente en galego e que contou coas colaboracións de Vizcaíno, Chenoa, Rosa Cedrón, Tonhito de Poi e Sito Sedes.No escenario tamén están Eva Ferreira, interpretando “Tú y yo volvemos al amor”, de Mónica Naranjo, e Noel Rodríguez, co tema “Are you lonesome tonight?”, de Elvis Presley, competindo ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”.