A cantante e compositora India Martínez trae a súa exitosa combinación de flamenco e pop. Consolidada como unha das voces de referencia na escena musical española e latina, a cordobesa interpreta o tema “Todo no es casualidad” do seu último disco, “Te cuento un secreto”,  e dúas das cancións máis aplaudidas da súa traxectoria: “Corazón hambriento” e “90 minutos”, esta última na sección “Canción Dedicada”. Ademais, o rockeiro ourensán Pacho Brea chega ao escenario coa balada heavy “Si tú no estás aquí” do disco en solitario co que sorprendeu en 2015 tras unha longa traxectoria en bandas míticas deste xénero musical como Ankhara. A banda da Balbina, que lanzou á fama o concurso musical A Polo Ghit da Radio Galega, pon o ritmo festeiro. A medio camiño entre o ska e a música tradicional galega, o grupo liderado por Silvia Cerneira, trae baixo o brazo un disco acabado de estrear, "Convertindo cuncas en ferrados". Os números musicais complétanse coa orquestra Nevada. Na sección “Agora ou N