Contamos coa presenza do cantante e compositor sevillano Hugo Salazar, con máis dunha década de éxitos ás súas costas, que acaba de estrear o seu sinxelo “Adivina, adivinanza”. O artista deuse a coñecer coa súa participación no programa “Operación Triunfo” e hoxe en día conta con cinco discos de estudio e ten dado máis de 400 concertos por todo o territorio español. Coma sempre, tamén hai lugar para a música galega, e os seus representantes desta semana serán Zoelas e Priscila. Zoelas é un grupo musical da comarca da Ulloa que integra os cantos tradicionais, melodías doutros estilos musicais e letras propias. Este grupo feminino interpretará a súa peza “Juisconsin”. Pola súa parte, o cuarteto ourensán Priscila tocará o seu tema “Romance de autor”. Ademais, no programa tamén actuará a orquestra The Boys Machine, que interpretará as cancións bailables “Y mi mambo sube”, “Nos vamos de vacilón” e “Porque estoy pa ti”.