O espazo de música e entretemento “Bamboleo” convida a subir ao escenario o artista Henry Méndez. O cantante dominicano interpreta “Pa que lo bailes” e “Poco a poco”, dous temas que están a triunfar en todas as discotecas galegas.  No programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro tamén actúa a orquestra Compostela, que toca os temas “Ven, ven”, “Besos” e “Hello”, e os artistas galegos Amparo Arias e Fredi Leis. A cantante Amparo Arias interpreta o seu tema “Enfeitizada”, inspirado nas pinturas de Leandro Lamas. O compostelán Fredi Leis canta “Estrellas fugaces”.   Na sección “Agora ou Nunca”, dous participantes, Laura Barja e Emilio Padrón, amosan os seus dotes artísticos. A primeira interpreta “Lía”, de Ana Belén, e o segundo canta “Guitarra con alma”, de Manolo Escobar. Na “ITV do amor”, o obxectivo é acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “Déixate de juasá!” anima os participantes, Lidia e Iván, a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara; a “A Jril