Coincidindo co 15º aniversario da primeira edición de “Operación Triunfo”, a cantante Gisela volve ao panorama musical con novas propostas. “Sigue el ritmo” é o seu último sinxelo e presentarao esta noite no “Bamboleo” da Televisión de Galicia. Trátase dunha peza animada escollida polos seus seguidores entre catro propostas que a artista catalá lles presentou a través da súa canle de YouTube. E é que, actualmente, Gisela compaxina a súa faceta de cantante coa de youtuber, ademais de atoparse de xira por España co seu espectáculo “Gisela y el libro mágico”.A ex-concursante de “Operación Triunfo” estará acompañada no escenario do programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro polos artistas Guillermo Castro e María do Ceo, e a orquestra La Favorita. O vigués Guillermo Castro leva compoñendo desde os 13 anos, porén, informático de profesión, no foi ata o 2012 cando debutou co seu primeiro álbum. Interpretará para os espectadores da TVG “Mi mejor amiga”. Pola súa banda, a portuguesa María do Ce