Francisco conmemora máis de tres décadas dedicado á musica co lanzamento dun novo disco en que recolle algúns dos seus temas clásicos e tamén catro pezas novas. “35” saíu á venda o pasado mes de xaneiro e o intérprete presentarao no programa musical da Televisión de Galicia “Bamboleo”. O cantante alacantino interpreta o seu clásico “Latino” e  “Luna rosa”, unha das novas cancións do álbum.  Está acompañado no musical pola orquesta Charleston, polo cantante mallorquino asentado en Galicia Dany Leiva e polo dúo Primordiais.  Dany Leiva é un músico mozo, pero veterano dos escenarios. Tras publicar o seu primeiro disco con tan so 19 anos, “Fin y vuelta a empezar” e ser elixido o mellor artista novel nunha gala televisiva, ten evolucionado moito. Neste programa canta “Tal vez” do seu disco “REC en ese instante”, un dos seus últimos traballos. Pola súa banda, Luis Martíns e Marcelo DoBode, de Primordiais aportan o toque tradicional ao programa co que definen como as súas “musicas de OrTa”.