Bamboleo recibe a Falete, de familia de artistas e coñecido polas súas versións de temas de grandes do flamenco, a copla ou a rancheira coma Lola Flores, Rocío Jurado, Chavela Vargas ou Isabel Pantoja. A “Bamboleo” trae dous temas: “Se me olvidó otra vez” e “Paloma Brava”. Polo escenario pasan tamén a orquestra Los Trovadores e Dani Ríos. Este músico nedense iniciou a súa carreira musical con só 12 anos debutando na Televisión de Galicia da man do presentador do “Bamboleo”. Daquela conducía o espazo “Téquele Téquele”, en que os espectadores galegos puideron ver a un novísmo Dani Ríos, que volveu a TVG quince anos despois en “Son de Estrelas”. Desde entón leva pasado por algúns dos concursos musicais máis populares da televisión española. Tamen a artista Arantxa Pérez presenta no Bamboleo o seu primeiro disco. Na sección “Agora ou Nunca”, Branca Breijo e Francisco Iglesias compiten interpretando “Perdón, perdón” e “Soy Minero”. “Déixate de juasá!” anima a Chus e María, nai e filla, a