Na noite da final de Eurovisión, “Bamboleo” fai unha homenaxe ao mítico concurso europeo da canción, rescatando as actuacións no programa dalgúns artistas que pasaron polo Festival.Por iso, Xosé Manuel Piñeiro estará acompañado de grandes intérpretes. Bótase a vista atrás coas Azúcar Moreno e Serafín Zubiri, que representaron a España nos anos 1990 e 1992 respectivamente. Soraya, Ruth Lorenzo, Pastora Soler e Rosa López fan vibrar os espectadores coas súas potentes voces, que marabillaron todo o continente europeo. Barei, David Civera e Sergio Dalma tampouco faltan nesta homenaxe a Eurovisión. A nota galega pona Lucía Pérez, que interpreta o seu coñecido 'Que me quiten lo bailao', e o grupo Ialma, cunha compoñente que participou no festival cando formaba parte dunha agrupación belga. O programa complétase coas mellores orquestras galegas. Los Satélites, Los Trovadores, Grupo Bomba e Jerusalén amenizan a velada cos ritmos de moda. Ademais, tamén hai lugar para a diversión grazas ás secc