O grupo malagueño de pop Efecto Mariposa acode a Bamboleo a presentar o seu oitavo álbum: “Vuela”. Tamén actúan a orquestra Ledicia e o artista urbano Marango, un galego que despunta no electro latino.Na sección “Agora ou Nunca”, compiten Dania Rodríguez, interpretando “La vida es bella”, de Noa e Miguel Bosé, e Manuel Pintos, co tema “Campanero jerezano”, de Perlita de Huelva.  En “A Jrileira”, Alberto e Bruno enfróntanse ao karaoke cantando “Ilarié”, de Xuxa. En “Dirtidansi”, parellas de distintas xeracións bailan salsa on break e bachata deportiva.