Bamboleo ofrece a actuación do artista murciano Diego Martín, así como de Sabela, Eladio y los Seres Queridos e a Orquestra Principal. Na sección “Agora ou Nunca”, Elisabeth Santana e Xoel González amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpreta “Yo no te creo”, de Karol G, e o segundo canta “Stolen Dance”, de Milky Chance. Na “ITV do amor”, o obxectivo é  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “Déixate de ghuasá!” anima os participantes a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara. “A Jhrileira” enfronta ao karaoke a dous concursantes: Carlos e Sote. En “Canción dedicada”, dous namorados, Emilia e Manolo, de Ourense, falan dos inicios da súa relación, e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan, entre outros estilos, merengue.