O artista convidado de Bamboleo é o cantante David Barrull, un compositor capaz de combinar melodías aflamencadas con refráns apegadizos, que nos presenta o seu novo traballo, “El pirata de tus sueños”. O programa tamén recibe a visita de Uxía Senlle, considerada a gran dama da música galega. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, asumiu un papel clave no estudio e divulgación da música galega e converteuse nunha das maiores promotoras das conexións entre Galicia e o mundo lusófono a través das súas continuas viaxes e intercambios con artistas de Brasil, Portugal, Cabo Verde, Angola e Guinea-Bissau. Ademais, o programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro conta coas actuacións da orquestra Players, de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, que propoñen poesía e música galegas a ritmo de rock, e de The Lollipops, un trío vocal formado por Paty Lesta, Marian Ledesma e Paula Romero, que ofrece unha viaxe ao swing dos anos 50. Na sección “Agora ou Nunca”, Antía Pombo e Juan Tato am