Máis de 15 anos sobre os escenarios e once discos no mercado avalan a carreira musical de Tamara, estrela convidada no programa, que interpreta temas do seu último traballo “Lo que calla el alma”, disco que lanzou hai un ano. En concreto, canta “Si tu quisieras” e “Quién tuvo la culpa”.  Ademais, actuan no Grupo Triunfo e os solistas Emilio Rúa e Danny Leiva. O primeiro leva máis de tres décadas dedicado á música, desde que subira por primeira vez a un palco como parte da orquestra familiar Atenea, que integraban tamén o seu pai e catro dos seus irmáns maiores. Hoxe, destaca polas súas baladas e pop intimista. Danny Leiva presenta un tema do seu último disco, “Rec en ese instante”, que el mesmo autoeditou e lle supuxo un ano de traballo entre A Coruña, cidade onde atopou a inspiración; Madrid, onde reside, e Palma, lugar onde naceu e gravou este traballo.  Na sección “Agora ou Nunca”, dous participantes, Nerea Fernández e Iker Rodríguez, amosan as súas dotes artísticas. A primeira