A música da gaita de Susana Seivane e o pop intimista do compositor catalán Salvador Beltrán comparten escenario en Bamboleo. A gaiteira galega más internacional demostra unha vez máis a versatilidade deste instrumento tradicional interpretando “Camiño longo”, en que revisa desde unha perspectiva persoal e contemporánea a canción baseada no poema de Ramón Cabanillas, e “Sourire a la vie”, unha peza en francés que reflicte tamén a súa actitude ante a vida. O compositor catalán visita o programa tras ser seleccionado para representar a España no Festival Internacional de Viña del Mar, en Chile, o certame máis importante de América Latina. Ademais, a orquestra La Fórmula cambia o campo da festa polo estudio de “Bamboleo” para  facer bailar o público. Na sección “Agora ou Nunca”, Dahiana Viana e Enrique Fernández amosan as súas dotes artísticas. A primeira, interpretando “Rolling in the deep”, de Adele, e, o segundo, con “Amar é algo máis”, de José Luis Rodríguez. “Déixate de juasá!” anim