“Bamboleo” dános a benvida aos espectadores a ritmo de chachachá, cun baile de exhibición desenvolvido por Carlos e María. O programa recibe visita da cantante Soraya, que ofrece o seu último sinxelo “El pretendiente”, tema de amor con ritmo actual e latino, entre outras cancións. O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta, ademais, coas actuacións da moañesa Wöyza, cantante de soul e hip-hop galega, e da orquestra Capitol. Polo escenario tamén pasan Ana Manteiga, interpretando “Quen puidera namorala”, e Jaime Lema, co tema “Que digan misa”, de Alejandro Fernández, competindo na sección “Agora ou Nunca”. Coma sempre, “Bamboleo” conta coa “ITV do amor” e “Dirtidansi”, onde dúas parellas bailan unha peza de samba e unha rumba bolero.