“Bamboleo” recibirá a visita de Sole Jiménez, unha das voces máis recoñecidas e prezadas do panorama musical español pola súa emocionante calidez e a súa inconfundible personalidade. A que fora voz de Presuntos Implicados durante máis de dúas décadas leva xa once anos de carreira como solista. O programa tamén ofrecerá a actuación do grupo de música galego Gelria, que interpretará temas do seu disco “Cantos de Poeta”. Sons tradicionais e de raíz, jazz, clásicos e contemporáneos serven de base para esta antoloxía musicada da poesía galega. Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coas actuacións da  orquestra Salsarena e de Astarot, veterana banda de rock de Cangas do Morrazo, fundada hai 34 anos.