“Bamboleo” recibe a visita de Salvador Beltrán, o gañador do Festival da Canción de Viña del Mar de 2017. O cantante catalán, que ten o pop como o seu estilo principal, interpreta algúns dos seus últimos éxitos, como “No intentes amarrarme”, “Divina muerte” e “A veces me pregunto”. No programa tamén actúan a orquestra Compostela e Tania Veiras. A artista de Ordes fala dos seus novos proxectos e interpreta “Xuntanza galega” e un popurrí cos mellores temas de Ana Kiro.  A sección “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de Isabel González, co tema “Tanto amor”, de Shaila Dúrcal; e de Antonio Bertomeu, que interpreta “México lindo y querido”, de Jorge Negrete.Chano e Enrique compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi” o chachachá e o valse vienés.