A artista murciana Ruth Lorenzo vén a Bamboleo para intepretar a canción coa que representou a España en Eurovisión no ano 2014, “Dancing in the rain”, e presentar o tema “Good girls don´t lie”, do seu segundo disco “Loveaholic”. O programa tamén ofrece as actuacións de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e da orquestra Jerusalén. “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de Bárbara Ramos, co tema “Que no acabe nunca ese bolero”, de Isabel Pantoja; e de Jasmine Castro, que interpreta “Me cuesta tanto olvidarte”, de Mecano. Soraya e Jairo compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi” salsa, bachata e samba.