Dúas voces femininas poñen música neste Bamboleo. A cantante e compositora Ruth Lorenzo compartirá escenario cunha habitual da verbena galega, Pili Pampín. Ambas as dúas vocalistas estarán acompañadas pola orquestra Bomba. Contamos tamén coas seccións habituais do programa: en “Agora ou Nunca”, dous participantes, Iria González e Juan Carlos Fernández, amosarán as súas dotes artísticas. A primeira, interpretando “Miedo”, de Mónica Naranjo, e, o segundo, con “Querer y perder”, de Dyando. En a “ITV do amor”, o obxectivo será acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “Déixate de juasá!” animará a Mariela e a Edu a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara; a “A Jrileira” enfrontará ao karaoke a dous concursantes: Jesús e Rocío, que interpretarán “Así fue”, de Juan Gabriel; en “Canción dedicada”, Lita e Vitoriano, de Fornelos de Montes, falarán da súa relación e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailarán chachachá e temas latinos.