A cantautora Rozalén chega a Bamboleo dentro da súa xira por Galicia para presentar o novo disco “Cuando el río suena”. Polo escenario pasan tamén a orquestra Trébol, agrupación con máis de 70 anos de traxectoria, e El Club de Ray Charles, capitaneado por Diego Piñeiro, artista coruñés de rock. A sección “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de María Buján, co tema “La gata bajo la lluvia”, de Rocío Dúrcal; e de Christian Álvarez, que interpreta “Mi princesa”, de David Bisbal. “Déixate de Juasá” anima a Carmen, Mónica e Clara a deixarse de tanto trebello tecnolóxico e dicirse as cousas á cara; Ramón e Ana Belén compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi”, nesta ocasión o estilo hip-hop.