Rosa Cedrón e Pili Pampín son as estrelas convidadas ao “Bamboleo”.  A cantante e violonchelista trae baixo o brazo o seu segundo traballo en solitario  “Nada que perder” do que interpreta o tema “Benditas Feridas”. Mentras que Pili Pampín pon o público a bailar coas cancións “Porque te quero” e “Trapalladas”. Ademais, a Orquestra Televisión ameniza a velada coas súas versións das cancións que máis soan nas verbenas como “La Bicicleta”. En “Agora ou Nunca”, enfróntanse Manolo Castelo, que interpreta “El Rey”, e Toni Pérez, que canta “Como yo te amé”, mentres que en “A Jrileira” compiten no karaoke Montse e Rubén; en “Canción dedicada”, Rosa Cedrón interpreta o tema “Unha e outra vez” para dous namorados, Carmen e Manolo de Brión.