Recibimos ao cantante onubense Pitingo, creador do estilo soulería, unha mestura entre o soul e as bulerías. O artista acaba de publicar o seu álbum “Soul, bulería y más”, co que versiona clásicos da música moderna como “Ain’t no mountain high enough”, de Marvin Gaye, ou “My girl”, dos Temptations. Sempre hai lugar para a música galega e os seus representantes neste 'Bamboleo' serán Coanhadeira e mais Sito Sedes. Coanhadeira é un grupo musical ourensán integrado por sete músicos que a través da música celta pretenden facer bailable calquera lugar. Eles interpretarán o seu tema “Ézaro”. Pola súa parte, o cantante Sito Sedes, ex dos Satélites, tocará o tema “Sen seu amor”. Ademais, o programa tamén ofrecerá a actuación do Grupo Ciclón, que interpretará cumbias, merengues e o tema “Yo te viví”.