O dúo arxentino Pimpinela, integrado por Lucía e Joaquín Galán, pasan por Bamboleo para cantar os temas “Cuantos recuerdos” e “Bastardo”.  Ademais, o programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro conta coas actuacións da orquestra Trébol e da banda festeira de Noia Monoulious DOP, que interpreta “Morrer en Jalisia”, unha canción festeira e con moito ritmo que converte a súa actuación nunha pequena troula humorística e musical.  Lülu, ex da banda coruñesa Forraje, presentar o seu tema “Sueños lúcidos”, do disco “A medio camino”, que financiou a través de crowdfunding en só tres semanas.  Na sección “Agora ou Nunca”, Laura Fernández e Adrián Vigo, amosan as súas dotes artísticas. A primeira, interpreta “Ya es muy tarde”, de Yuridia, e, o segundo, canta “Unha noite na eira do trigo”, de Fuxan os Ventos. Na “ITV do amor”, o obxectivo é  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “Déixate de juasá!” anima os participantes a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á