“Bamboleo" recibe a cantante sevillana Pastora Soler, que, despois de tres anos de retiro, volve con “La calma”, o undécimo disco da súa carreira.O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta ademais coas actuacións da orquestra Cinema e do cantautor brasileiro, residente en Galicia, Gustavo Almeida, que interpreta o seu tema “Fue de repente”, un reflexo das influencias harmónicas e melódicas da rica música do seu Brasil natal.No escenario tamén están Icía Varela, interpretando “¿Y si fuera ella?”, de Malú, e Suso Andrea, co tema “Un beso y una flor”, de Nino Bravo, competindo ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”. Coma sempre, “Bamboleo” conta tamén coas seccións “ITV do amor”, onde un concursante ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “Déixate de Juasá”, que anima a Beni e Dani a deixarse de trebellos tecnolóxicos e dicirse as cousas á cara; “A Jrileira”, onde Estefanía e Margarita se enfrontan ao karaoke cantando “Sólo si es conti