“Bamboleo” recibe a Olé Olé, un dos grupos máis populares na década dos 80, que, despois de 25 anos da súa despedida, regresa liderado por Vicky Larraz. O disco de grandes éxitos que presentan titúlase “Sin control” e reúne as tres voces femininas que, individualmente no seu día, formaron parte do conxunto: Marta Sánchez, Sonia Santana e a propia Larraz. O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta, ademais, coas actuacións da orquestra Breixa Band e do grupo galego AAF 60, cuxo repertorio é un amplo percorrido pola música que se facía e se escoitaba en España nas décadas dos 60 e 70, incluíndo temas de grupos míticos como Los Brincos, Los Bravos e Los Mustang.  Na sección "Agora ou Nunca", compiten Natalia Yánez, interpretando “Te espero aquí”, de Pablo López; e José Luis Ochoa, co tema “Devuélveme la vida”, de Antonio Orozco.  “Déixate de Juasá” anima a Merchy, Iris e Florent a deixarse de trebellos tecnolóxicos e dicirse as cousas á cara; “A Jrileira” enfronta a Daniel e Áng